Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2021

Descubre o noso portfolio

   Este blog é tan só unha pequena parte do noso traballo ao longo deste curso 2020-2021, tan diferente e estraño. Pero nós non quixemos deixar de aprender e para iso traballamos en moitos proxectos moi diferentes, todos enfocados á Educación Infantil.      Para que non vos perdades nada do que seguimos a argallar, deixámosvos o noso Portfolio, onde amosamos e compartimos moitos máis proxectos que seguro que vos poden interesar. Botádelle un ollo! https://sites.google.com/d/1PHKEpKBbBM2EdKslJAyB8Eb1bbdcDGlP/p/16AvNLPljEmYMqn0OmT0QSlzxqPKXWL0t/edit

Videotitorial "Pompas de xabón"

Imaxe
     Na materia de Procesos de Mellora e Usos das TIC aventurámonos a facer un vídeo-titorial para os máis pequenos.      A ferramenta do videotitorial é algo ao que estamos familiarizadas no noso día a día, mais nunca nos aventuramos a poñernos do outro lado da cámara para plasmar o noso propio, a través do cal ensinaremos a outras persoas.      Nesta ocasión, decidimos realizar o noso videotitorial sobre as pompas de xabón. Para lograr unha aprendizaxe máis completa, decidimos establecer tres tamaños diferentes: as pequenas, levámolas a cabo coa axuda de pallas; as medianas cun limpa-pipas; e, para as máis grandes, elaboramos un pompeiro con dous paus e la. Deste xeito, establecemos distintos tamaños, o que permitirá facer asociacións de dimensión das pompas cos obxectos empregados para crealas. Ademais, por medio da elaboración das pompas, introducimos tamén a esfera como elemento xeométrico, tanxible e visible para os máis pequenos...

Videoconto "Os animais da granxa de Eva"

Imaxe
    Nesta entrada, presentámosvos o videoconto de “Os animais da granxa de Eva”.      Para nós, este traballo foi entretido á hora de crealo e gravalo, xa que todo saíu das nosas cabeciñas. Aínda así, para editalo... canto traballo! Era a nosa primeira vez traballando con este tipo de animacións e navegar neste mundo supuxo un montón de esforzo. Esperamos ter conseguido un bo resultado. Animámosvos a velo e a descubrir que aventuras lles esperan aos tres protagonistas, que son a vaca Lola, o porco Teldo e a ovella Amelia.      Dádelle ao play e a gozar desta aventura!!!

PDI (Pantallas Dixitais Interactivas)

Imaxe
As PDI ( Pizarras Dixitais Interactivas ) son un gran recurso para traballar na nosa aula. A través dunha aplicación, no noso caso traballamos con Smart Notebook , podemos crear diferentes tipos de actividades interactivas e lúdicas para tratar calquera contido das distintas áreas de Educación Infantil. Deste xeito, búscase a constante participación do noso alumnado en cada actividade.    A continuación, deixámosvos unha serie de actividades que creamos nós as tres: cinco delas son acerca dun conto tamén inventado por nós, Os animais da granxa de Eva; e logo, outras cinco correspóndense con actividades rutineiras para o primeiro ano do Segundo Ciclo de Educación Infantil como, por exemplo, a de pasar lista, dicir cantos faltan na clase ese día, que tempo fai...             O propio programa ten xa unhas actividades predeterminadas que se poden incluír, como un xogo de preguntas ou outro de parellas, pero ademais ten tamén a posibilidade de c...

Privacidade, sharenting e dereito ao esquecemento

Hoxe en día, vivimos nunha sociedade dixital na que o uso das tecnoloxías por parte da poboación infantil é moi elevada, polo que é habitual que vexamos como os nenos e nenas comezan a utilizar as tecnoloxías desde cada vez máis pequenos. É unha escena moi habitual a que presenciamos nos bares ou restaurantes, onde vemos que pais e nais lles dan o teléfono móbil ou a tablet aos seus fillos e fillas para que estes deixen de chorar ou estean entretidos e, por tanto, non molesten aos adultos. Deste xeito, semella que as crianzas teñen máis relación coas tecnoloxías que coas propias persoas. Por tanto, non resulta impactante ver como os nenos e nenas utilizan as tecnoloxías mesmo mellor que algúns adultos, chegando a non prestar atención ao que están a facer. Por tanto, vemos que non vivimos coa tecnoloxía, senón que vivimos nela. Estamos a falar, por tanto, da Xeración Z (nados entre mediados dos anos 90 e o ano 2010) e da Xeración Alfa (nados a partir do ano 2010), sendo esta última a pr...

Os Edublogs

 EDUBLOG. QUE É E PARA QUE SERVE     "A s TIC obrigan neste momento a modificar as estruturas organizativas dos nosos centros, posto que se presentan como opcións de novos recursos que posibilitan innovadoras situacións de aprendizaxe e ensino" ( Lorenzo, M. & et. al,  2011, p.143). Aparecen así novas ferramentas como son os edublogs, os cales son unha ferramenta utilizada con fins educativos ou en contornas de aprendizaxe, tanto por profesores como por alumnos e alumnas. Para o seu uso, é preciso enmarcarse nunca teoría construtivista, por medio da cal se promove un papel activo tanto por parte do alumnado como do profesorado, tal e como recollen Lorenzo, M. & et. al. (2011) . Así pois, o seu principal obxectivo é o de apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe das crianzas, así como o de ofrecer un novo contexto educativo moito máis enriquecedor e adaptado aos novos tempos. Por tanto, "desde a educación formal non debería obviarse a existencia destas ...