Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 22, 2021

Os Edublogs

 EDUBLOG. QUE É E PARA QUE SERVE     "A s TIC obrigan neste momento a modificar as estruturas organizativas dos nosos centros, posto que se presentan como opcións de novos recursos que posibilitan innovadoras situacións de aprendizaxe e ensino" ( Lorenzo, M. & et. al,  2011, p.143). Aparecen así novas ferramentas como son os edublogs, os cales son unha ferramenta utilizada con fins educativos ou en contornas de aprendizaxe, tanto por profesores como por alumnos e alumnas. Para o seu uso, é preciso enmarcarse nunca teoría construtivista, por medio da cal se promove un papel activo tanto por parte do alumnado como do profesorado, tal e como recollen Lorenzo, M. & et. al. (2011) . Así pois, o seu principal obxectivo é o de apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe das crianzas, así como o de ofrecer un novo contexto educativo moito máis enriquecedor e adaptado aos novos tempos. Por tanto, "desde a educación formal non debería obviarse a existencia destas ...