Os Edublogs
EDUBLOG. QUE É E PARA QUE SERVE
"As TIC obrigan neste momento a modificar as estruturas organizativas dos nosos centros, posto que se presentan como opcións de novos recursos que posibilitan innovadoras situacións de aprendizaxe e ensino" (Lorenzo, M. & et. al, 2011, p.143). Aparecen así novas ferramentas como son os edublogs, os cales son unha ferramenta utilizada con fins educativos ou en contornas de aprendizaxe, tanto por profesores como por alumnos e alumnas. Para o seu uso, é preciso enmarcarse nunca teoría construtivista, por medio da cal se promove un papel activo tanto por parte do alumnado como do profesorado, tal e como recollen Lorenzo, M. & et. al. (2011). Así pois, o seu principal obxectivo é o de apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe das crianzas, así como o de ofrecer un novo contexto educativo moito máis enriquecedor e adaptado aos novos tempos. Por tanto, "desde a educación formal non debería obviarse a existencia destas ferramentas para apoiar os procesos educativos" (Lorenzo, M. & et. al, 2011, p.144).
Vendo a todo isto, cómpre destacar unha serie de vantaxes dos edublogs como poden ser:
É fácil facelo e usalo.
É gratuíto e con libre acceso dende calquera lugar do mundo.
Dispón de modelos de cara ao seu deseño gráfico, o que permite aos usuarios centrarse totalmente no contido.
O autor pode compartir a auditoría (como no noso caso, que somos 3 autoras).
A súa publicación é cronolóxica (aparece en primeiro lugar o que se incorporou máis recentemente).
Permite a integración doutras ferramentas e funcións tales como os comentarios, o trackback, o sistema de arquivos, enlaces permanentes, etc.
É unha ferramenta dinámica e flexible.
TIPOS DE FERRAMENTAS OU PROGRAMAS QUE PODEMOS UTILIZAR PARA A CREACIÓN DUN BLOG
Hoxe en día, hai infinidade de ferramentas coas que crear un blogue. A continuación, citaremos algunhas das máis coñecidas:
Word Press
Blogger (é a que estamos a utilizar nestes momentos)
Wix
Medium
Tumblr
Plataformas de e-lerarning, como Moodle
...
OS USOS DOS BLOGS
Esta ferramenta ten unha infinidade de utilidades, trataremos de explicar aquelas que consideramos máis importantes para desenvolver nas nosas futuras aulas de Educación Infantil.
Publicación de artigos curtos denominados “post” acerca do contido traballado cada semana na aula.
Publicación de diarios persoais e de grupo para informar ás familias.
Elaboración de informes de actividades que se van realizando, incluíndo imaxes e vídeos, incluso coa idea de repetilas na casa de cada un.
Ampliación da información que se dá na clase sobre o temario ou as tarefas a realizar, para que cada quen poda utilizalo como actividade extraescolar.
Aumentar a motivación e a implicación dos alumnos e alumnas, con materiais lúdicos e divertidos.
Crear comunidade entre alumnado e profesorado, podendo cada un comentar os seus intereses, gustos e preferencias.
Fomentar o e-learning, para aqueles días nos que o alumnado non poida acudir á aula ou nos ocos libres.
Medio de comunicación entre os alumnos e alumnas, fomentando o desenvolvemento da capacidade crítica, xa que permite a expresión da opinión propia.
Actividade de fomento da capacidade lectora así como da súa comprensión por medio do uso desta ferramenta.
DOCUMENTO DE REFERENCIA
Lorenzo, M. & et. al. (2011). Usos del weblog en la universidad para gestión de conocimiento y trabajo en red. Píxel-Bit. Revista de Medios y Educación. 39, 141 - 154.
Comentarios
Publicar un comentario