Videotitorial "Pompas de xabón"


    Na materia de Procesos de Mellora e Usos das TIC aventurámonos a facer un vídeo-titorial para os máis pequenos.

    A ferramenta do videotitorial é algo ao que estamos familiarizadas no noso día a día, mais nunca nos aventuramos a poñernos do outro lado da cámara para plasmar o noso propio, a través do cal ensinaremos a outras persoas.

    Nesta ocasión, decidimos realizar o noso videotitorial sobre as pompas de xabón. Para lograr unha aprendizaxe máis completa, decidimos establecer tres tamaños diferentes: as pequenas, levámolas a cabo coa axuda de pallas; as medianas cun limpa-pipas; e, para as máis grandes, elaboramos un pompeiro con dous paus e la. Deste xeito, establecemos distintos tamaños, o que permitirá facer asociacións de dimensión das pompas cos obxectos empregados para crealas. Ademais, por medio da elaboración das pompas, introducimos tamén a esfera como elemento xeométrico, tanxible e visible para os máis pequenos.

    Así mesmo, tamén realizamos a explicación de como facer a mestura para as pompas. A priori, son todo ingredientes comúns, como o son a auga e o xabón, mais, a maiores , engadimos un ingrediente segredo: o azucre. Este serve para darlle consistencia ás nosas pompas, pois aumenta a súa tensión superficial.

    Con este divertido experimento, os nenos e as nenas non só se divirten, senón que tamén traballan as habilidades motoras finas por medio de procesos como a creación desenvolvemento do pompeiro e, ademais, aprenden sobre as relacións directas entre o tamaño do pompeiro e das pompas así como a presenza dunha novo elemento xeométrico, como é o caso da esfera. E, a maiores, engadimos a aprendizaxe dun dato curioso como é o uso do azucre na mestura para a creación das burbullas.

    Esperámosvos nas seguintes entradas, que seguro que serán tan entretidas coma esta!



  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Privacidade, sharenting e dereito ao esquecemento

Descubre o noso portfolio