PDI (Pantallas Dixitais Interactivas)
As PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) son un gran recurso para traballar na nosa aula. A través dunha aplicación, no noso caso traballamos con Smart Notebook, podemos crear diferentes tipos de actividades interactivas e lúdicas para tratar calquera contido das distintas áreas de Educación Infantil. Deste xeito, búscase a constante participación do noso alumnado en cada actividade.
A continuación, deixámosvos unha serie de actividades que creamos nós as tres: cinco delas son acerca dun conto tamén inventado por nós, Os animais da granxa de Eva; e logo, outras cinco correspóndense con actividades rutineiras para o primeiro ano do Segundo Ciclo de Educación Infantil como, por exemplo, a de pasar lista, dicir cantos faltan na clase ese día, que tempo fai...
O propio programa ten xa unhas actividades predeterminadas que se poden incluír, como un xogo de preguntas ou outro de parellas, pero ademais ten tamén a posibilidade de crear as túas propias actividades dende cero, dependendo do contido curricular que interese traballar.
ACTIVIDADES RUTINEIRAS
ACTIVIDADES VIDEOCONTO





Comentarios
Publicar un comentario