Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 4, 2021

Gamificación

Imaxe
Nos últimos anos, as Tecnoloxías da Comunicación e a Información (TIC) marcaron e impuxeron unha serie de cambios tanto no estilo de vida, como no de relacionarnos a nivel social. Por tanto, na educación tamén se plasman os efectos destas por medio de metodoloxías diferentes, como é a gamificación.     Sánchez i Peris (2015, p.13) fala da gamificación como “un excelente modo de incrementar a concentración, o esforzo e a motivación fundamentada no recoñecemento, o logro, a competencia, a colaboración, a autoexpresión e todas as potencialidades educativas compartidas polas actividades lúdicas”. Así pois, esta metodoloxía fai uso do xogo para levar a cabo accións educativas dunha maneira máis personalizada e adaptada ao contexto e temática que máis nos interese en cada momento, mellorando así a capacidade de atención do noso alumnado. O feito de propoñer unha actividade diferente, fomenta o incremento da motivación, así como a participación dos nenos e nenas. A maiores, tal ...